A Xunta acaba de adxudicar, por algo máis de 340.000€, a obra de acondicionamento que transcorre paralela á liña ferroviaria que se atopa na contorna do río Louro, no Porriño. Así o recolle o convenio de colaboración asinado o pasado mes de abril entre a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles
Vázquez, e o alcalde, Alejandro Lorenzo.
Tres meses
A obra, que contará cun prazo de execución estimado de tres meses, ten como obxectivo mellorar esta vía con actuacións como a substitución do pavimento por unha capa de aglomerado en quente; a instalación de sinalización horizontal para definir a zona ciclista bidireccional e a zona peonil, e a dotación de luminarias con sensores de presencia.
Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado Plan Hurbe que, tamén no Porriño, xa permitiu levar a cabo a humanización da rúa Pontevedra.