Comarcas Vigo al minuto

Salceda formará a 20 persoas logo de acadar unha subvención de 500.000€ para un novo obradoiro de emprego

Durará un ano e os participantes recibirán un soldo

Salceda formará a 20 persoas logo de acadar unha subvención de 500.000€ para un novo obradoiro de emprego

O Concello de Salceda de Caselas vén de recibir a comunicación da concesión de 531.046,20€ para un obradoiro de emprego por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Neste caso a acción acollerá a 20 persoas, 10 no campo da albanelería e outras 10 no da carpintería de madeira, que durante un ano se encargarán das obras de reforma de diferentes edificios municipais.

Formación remunerada

Asi, os obxectivos deste obradoiro son os de recuperar o antigo colexio da parroquia de Budiño, destinándoo a usos sociais, e seguir traballando na recuperación de diversos edificios educativos. Deste xeito, o alumnado combinará as horas de formación teóricas coas de traballos prácticos, percibindo as retribucións correspondentes.

Para Selene González, concelleira de Formación e Emprego, “estamos a falar dunha magnífica oportunidade para a nosa veciñanza a nivel formativo, económico e social”. Pola súa banda, Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, subliña que este medio millón de euros, “ademais de para a formación e emprego servirán para a rehabilitación de espazos municipais que goza toda a veciñanza”.

Te podría interesar