É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVigo é de cine
A cidade preséntase aos mellores ‘localizadores’ de rodaxes do mundo
Vigo Film Office, a oficina do Concello dedicada á captación de rodaxes e á promoción de Vigo e a súa área, está a presentar en Valladolid, onte e hoxe as vantaxes da cidade como escenario de rodaxes, ante 70 localizadores e produtores procedentes de sete países.
Faino na III Edición do evento Shooting Locations Marketplace, no que 69 profesionais de sete países entre os que se atopan algúns dos principais estudos e plataformas como Netflix; Apple; Disney; Amazon; Hulu; HBO; NBC Universal; Marvel; Disney; Vancouver Media; Warner Bros ou Warner Brothers, perfís executivos que teñen capacidade de decisión na elección de destinos.
Os principais localizadores
O 65% dos localizadores e produtores son estadounidenses e británicos, os dous mercados máis potentes da industria audiovisual. Entre os localizadores cos que se reunirá Vigo atópanse algúns tan prestixiosos como a veterana Lori Balton, que este ano traballou en “A mansión encantada” e “A sirenita”. Estará tamén Miglet Crichton, que se atopa traballando en “The Sandman 2” para Netflix e quere que unha parte da rodaxe se realice en España; Amiee Clark, cuxo último proxecto foi “Oppenheimer”, de Chris Nolan; Jennifer Lyn, que traballou o pasado verán con Steven Soderburgh en “The Pendulum Project”.
A Vigo Film Office tamén se reunirá con localizadores españois como Carlos Dengra, especializado en rodaxes de anuncios publicitarios; Nacho Fidalgo, que localiza para Palma Pictures; Jaume Mirou, que traballou en “A Mesías” e para importantes marcas de publicidade ou Jaime Xordana, que está inmerso na nova película de Daniel Monzón.
Como complemento á súa participación neste evento, a Vigo Film Office organizou no último ano dous farmtrips (viaxe de familiarización), un con participantes internacionais e outro con nacionais, nos que amosou en persoa variados espazos da cidade e arredores.
Balance de rodaxes en Vigo en 2023
No que vai deste ano 2023, a Vigo Film Office xestionou os permisos de rodaxe e asesorou a un total de 36 producións, entre as que destacan 3 longametraxes, unha delas internacional, ademais de series (2), programas de TV (8), videoclips (1), documentais (3), curtametraxes (1), anuncio publicitarios (3) e unha quincena de prácticas de diversas escolas de audiovisual.
Para 2024 xa hai previstas dúas rodaxes de gran interese: as longametraxes “San Simón” (dirixida por Miguel Ángel Delgado e producida por Miramemira, produtora de “O que arde”) e “Romaría”, a nova película de Carla Simón, que acaba de recibir o Premio Nacional de Cinematografía.