Comarcas Vigo al minuto

45 persoas inician este sábado os últimos talleres de ‘Depo en marcha’

O programa conta con preto de 3.000 participantes

45 persoas inician este sábado os últimos talleres de 'Depo en marcha'

Un total de 45 persoas xubiladas iniciarán entre este sábado e o vindeiro martes os últimos talleres e accións formativas programadas nesta edición da iniciativa provincial “Depo en marcha”. A través deste programa, a Deputación de Pontevedra promove a participación e a creación de espazos de encontro e intercambio de experiencias para fomentar a independencia das persoas maiores.

Sábado, 21

Será cando comece o taller de restauración de mobles no que participarán integrantes da Asociación de Veciños de Moneixas de Lalín durante os sábados, entre as 16:00 e as 20:00 horas. Tamén o sábado, membros do Círculo Cultural Recreativo de Cesantes de Redondela iniciarán un obradoiro de plantas medicinais que se desenvolverá entre as 17:40 e 20:10 horas.

Martes, 24

O último arranque de cursos está planificado para a próxima semana. Deste xeito, o Club de Pensionistas de Sanxenxo comezará o martes o curso de habilidades dixitais para o uso cotiá, que se
desenvolverá os martes e venres de 18:00 a 20:00 horas.

130 obradoiros

Con estas tres accións teñen comezado xa os 130 obradoiros e iniciativas formativas que se ofertaron na actual edición de “Depo en Marcha”, nas que participan a arredor de 3.000 persoas da provincia. A Deputación destina preto de 146.000 euros ao programa e os obradoiros enmárcanse nos seguintes apartados temáticos: ‘Aprendendo da natureza’, ‘Móvete, activando corpo e mente’, ‘Enredando’, ‘Dálle marcha’ e ‘En rede’.

También te puede interesar