O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama inicia a súa campaña en Covelo a próxima semana os días 23, 24, 25 e 26. Así, durante a súa estadía no concello realizará mamografías a todas as mulleres de 50 a 69 anos. As mamografías faranse na unidade fixa de exploración que agora está no hospital do Meixoeiro na zona de consultas externas na planta -1.
Medio de transporte gratuito
As mullleres destas idades recibirán unha carta indicándolles o día, hora e lugar ao que teñen que acudir. Para facilitarlles o acceso ao programa teñen un medio de transporte de balde de ida e volta. O uso deste transporte non é obrigatorio, poden tamén acudir polos seus propios medios á cita.
O servizo de transporte realizará paradas na praza Mestre Cerviño do centro urbano ás 8 da mañá e ás 11:30 horas. En Paraños, xunto ao cruce coa N-120 parará ás 08:10 e ás 11:40 horas.
Tódalas mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e que non recibisen a carta poden chamar ao número de teléfono 981 14 14 14 onde lles darán cita.