Galicia Vigo al minuto

Ana Miranda pregunta á Comisión de UE se a prórroga da AP-9 vulnera a normativa europea

Subliña que a mesma, válida por 25 anos máis, se fixo sen licitación pública

Ana Miranda pregunta á Comisión de UE se a prórroga da AP-9 vulnera a normativa europea

A través dunha pregunta parlamentar, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, traslada á Comisión Europea a posible vulneración da normativa europea na ampliación da AP9. Miranda lembrou que en agosto de 2023 entrou
en vigor a última prórroga da concesión desta autopista AP-9 (Galicia), que ten validez até 2048.

Declaracións de Ana Miranda
Procedemento de infracción

“É un escándalo que os galegos e galegas teñamos que estar pagando 25 anos máis pola AP9 por culpa da prórroga que fixo no 2000 un goberno do PP, afondando na discriminación de Galiza”. Asi mesmo, a eurodeputada pregunta en que situación se atopa o procedemento de infracción iniciado no 2021 referido a ese período de explotación extra, sen ter convocado unha licitación pública.

En concreto, no documento Miranda pregunta á Comisión se considera que esa prórroga extra vulnera a lexislación europea sobre competencia e se pensa que esa concesión debe finalizar xa. “Esta prórroga é unha decisión inadmisible que só beneficia á empresa concesionaria”, manifesta ao respecto, ao tempo que se pregunta “que intereses escuros ten o Partido Popular para tomar esta decisión que prexudica a todos os galegos e
galegas”.

También te puede interesar