Destacados Vigo al minuto

O BNG esixe a paralización das obras denunciadas no nacemento do río Lagares

Interpelará a Concello e Xunta sobre as mesmas

O BNG esixe a paralización das obras denunciadas no nacemento do río Lagares

O Bloque Nacionalista Galego esixe a paralización inmediata das obras que están a realizarse no nacemento do río Lagares, en Cabral, concretamente nas inmediacións da lagoa Mol.

Actuación do Concello

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do Bloque, dirixirase ao Goberno municipal para demandar a súa actuación diante de obras de grande alcance nas inmediacións do curso fluvial do río; con utilización de maquinaria pasada; movementos de terras e talla de arboredo, nun ámbito de máis de 200 metros. Igrexas lembra que non hai constancia destes traballos e tampouco coñécese a súa finalidade.

«Non é a primeira vez que se producen este tipo de actuacións nas proximidades do río pola vía dos feitos consumados, polo que para o BNG é claro que o Concello non pode ficar de brazos caídos diante do que pode constituír unha irreversíbel agresión ambiental ao río Lagares», defendeu.

Traslado da denuncia, tamén á Xunta

Igrexas adiantou que interpelará ao Goberno municipal na Comisión Informativa de Medio Ambiente, o vindeiro luns. Agarda que na mesma aclare de se tiñan constancia destas obras e conte que medidas hai adoptadas para garantir a protección ambiental.

Así mesmo, dado que a Xunta ten competencias sobre o propio curso fluvial, trasladará esta denuncia e a petición de actuacións e explicacións, a través de iniciativas no Parlamento galego.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.