A praia de Patos volver a ser durante toda esta semana un exemplo para todo o país do verdadeiro surf universal. O areal acolleu esta mesma mañá o trofeo ‘Concello de Nigrán’ de Surf Adaptado (participaron 14 persoas con discapacidade intelectual). Paralelamente, fíxose a presentación do Campionato de España de Parasurf que se celebra ata o sábado, día 28 e que está dividido en 7 categorías segundo o tipo de discapacidade física.
Antes do Compionato do Mundo, en California
Esta proba celébrase xusto antes do Campionato Mundial que terá lugar a vindeira semana en California e volve a traer a Patos a moitos dos deportistas españois seleccionados para ir a Estados Unidos: Sarah Almagro, marbellí amputada aos 18 anos de mans e pés e referencia internacional neste deporte; Daniel Muller, canario de orixe alemá sen mobilidade nas pernas; Audry Pascual, surfista madriñeña sen mobilidade nas pernas e referente tamén no ski; e o galego Dani Souto, con discapacidade visual e campión de Europa. A novidade é que se desenvolverá adaptándose día e hora das diferentes mangas ás condicións do mar.
Quenlla Surf Clube
Así, o evento deportivo, presentado este mediodía no propio areal, está promovido desde Quenlla Surf Clube (único clube galego adicado ao parasurf e con sede en Nigrán); Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’ . Ademais, colabora Nasas Nigrán, Aqualia e Fundación Bimba y Lola.
30 surfistas
Deste xeito, Patos acollerá a 30 surfistas chegados de todo o país con diversas discapacidades físicas e agrupados en diferentes categorías atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…). Todos se aloxarán gratuitamene na Residencia de Tempo Libre.