Este mércores, día 25, ás 12:00h un grupo de activistas de Amnistía Internacional Galicia escenificarán a entrega en Sanidade de máis de 400.000 sinaturas recollidas en todo o país para reclamar que a Xunta adique un 25% do gasto a Atención Primaria, tal e como recomenda a Organización Munidal da Saúde (OMS).
Dos gobernos autonómicos que menos destina á Atención Primaria
Amnistía Internacional lembra que a Xunta de Galicia é o segundo goberno autonómico que menos porcentaxe destina a este gasto, cun 11,79% no 2021 e só por diante da Comunidade de Madrid. Este dato atópanse lonxe do 14,46% de media estatal e aínda máis afastado do 25% recomendado pola OMS.