Cultura Vigo al minuto

Samaín no VigoZoo o día 1 de novembro

Xa podes facer a túa reserva

Samaín no VigoZoo o día 1 de novembro

Programación extraordinaria no VigoZoo para o día 1 de novembro, con motivo da celebración da Festa do Samaín. Organizada especialmente para familias, tamén poderán participar todas as persoas que o desexen. Esta actividade está estruturada en grupos de 25 persoas como máximo e conta con tres sesións de 90 minutos de duración. A primeira está prevista para as 12:30 da mañá e as dúas seguintes serán ás 16:00 e ás 17:30 horas.

Os participantes gozarán dun contacontos sobre a festa tradicional e as súas peculiaridades nas distintas zonas de Galicia. Ademais, realizarán unha visita guiada ao nocturama e ao exotarium, onde poderán contemplar especies referenciadas nesta celebración como bufos, sapos, morcegos ou arañas.

O terceiro vértice das actividades é a construción dunha cabaza con pezas do xogo de Lego. A partir do día 30 o zoo de Vigo estará ambientado coas cabazas decoradas no taller convocado o domingo 29.

As reservas poden facerse a partir desde martes nas instalacións de VigoZoo ou chamando ao 986 267 783.

También te puede interesar