Destacados Vigo al minuto

Quen instalou e para que os sensores de medición de afluencias aparecidos nas rúas de Vigo?

Pregúntanse no BNG que pide explicacións ao Goberno Local

Quen instalou e para que os sensores de medición de afluencias aparecidos nas rúas de Vigo?

O Bloque Nacionalista Galego pide aclarar quen instalou e con que fin os sensores aparecidos nas rúas de Vigo nos últimos días, en particular nas inmediacións de Príncipe. Asi o BNG vén de rexistrar un escrito dirixido ao Goberno municipal para que informe da entidade responsábel destes dispositivos da marca Wolt, “que parecen destinados á medición de afluencias e control de aglomeracións en espazos públicos”.

Obteñen información de carácter persoal?

“Descoñecemos se foron instalados polo Concello de Vigo, con que obxecto e con finalidade, durante canto tempo e, o que é máis importante, se obteñen algún tipo de información de carácter persoal que mereza un tratamento acorde á normativa de aplicación”, valora o portavoz municipal do BNG.

Non hai licitación no Concello

Xabier P. Igrexas asegura que non existe ningún procedemento aberto de licitación nestes momentos no Perfil do Contratante do Concello, polo que urxe a aclarar como se van pagar estes sensores e cal é o seu custo.

Do mesmo xeito, cuestionou tamén que estes dispositivos non conten con ningún rótulo que sinale a súa presenza e funcionamento na vía pública.“O Goberno de Abel Caballero ten que dar explicacións á cidade de para que van servir estes sensores e como van funcionar”, reclamou Igrexas, que pide ademais “garantías” de que non van recoller datos de carácter persoal. “A cidadanía ten dereito a seguir transitando libremente nas rúas da cidade, tamén durante o período de Nadal“, advertiu.

También te puede interesar