Deportes Vigo al minuto

A Deputación rende homenaxe ao deporte provincial, hoxe en Vigo

Na gala presidida por Luis López e Marta Fernández-Tapias

A Deputación rende homenaxe ao deporte provincial, hoxe en Vigo

A Deputación de Pontevedra renderá homenaxe ao deporte provincial nunha Gala que acollerá este venres, 27 de outubro, ás 19:00 horas a Estación Marítima, presidida por Luis López xunto a Marta Fernández-Tapias.

Na Gala premiarase ao deporte de elite e ao deporte de base. Asi mesmo, se recoñecerán os logros, méritos e traxectoria deportiva de Carlos Pérez e Franco Cobas. Completarán o acto unha exhibición do Club de Patinaxe Artística Gondomar, Campión de Europa de Grupos Show Junior, e a música de Eladio y los Seres Queridos.

Estructura

A Gala estará estruturada en tres grandes bloques, entre os que se intercalarán proxeccións audiovisuais, música e exhibicións artístico- deportivas. A novidade deste ano, que o goberno provincial quere incorporar a partir de agora, é unha homenaxe ás grandes figuras do deporte provincial.

Deste xeito, neste 2023 farase un recoñecemento á traxectoria deportiva de Carlos Pérez Alonso (atletismo) e Franco Cobas González (remo). Os dous, amais de contar cun destacado palmarés, son impulsores da Asociación de Olímpicos Galegos.

Deporte de élite

Ademais do recoñecemento, haberá outros eixos temáticos centrados no deporte de elite e no deporte de base. No que respecta á elite poranse en valor os fitos conseguidos neste 2023 polos deportistas da provincia. Tamén se salientará o feito de que Pontevedra tense convertido en escenario deportivo de grandes eventos (como a final das Series Mundiais de Tríatlon ou o partido entre as seleccións femininas de fútbol española e italiana que en decembro acollerá Pasarón).

Deporte base

En canto ao deporte de base, destacaranse tanto os valores do deporte (esforzo, disciplina ou o afán de superación), como o papel que xogan as federacións e as escolas deportivas.

También te puede interesar