Cultura Vigo al minuto

Este viernes, todo esto en Vigo

Cine, fotografía, literatura, artesanía, humor, teatro

Este viernes, todo esto en Vigo

Empieza el fin de semana y aunque va a llover y perderás un huevo de cosas al aire libre, hay otras muchas que puedes hacer bajo techo. Te proponemos algunas.

Vigo

Hoxe e mañá, sábado, diante do MARCO (Príncipe) e na Porta do Sol, chega a Vigo, lugar central de todo o percorrido, a exitosa xira arredor do precursor do cinema galego, José Gil, que desenvolveu na nosa cidade practicamente toda a súa carreira profesional como fotógrafo e cineasta.

Na Asociación Évame Oroza (Subida á Costa, 5, Casco Vello Alto), ás 19:00h. Branca Novoneyra porá o broche de ouro ao ciclo cunha conferencia na que percorrerá os cruzamentos vitais e literarios entre Uxío e Carlos Oroza. A entrada é de balde ata completar o aforo.

Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO, García Barbón, 5) ás 19:00h. “Biblioteca básica para coiro”. Cando se comeza a traballar o coiro, guiados ou de forma autodidacta, unha boa bibliografía resulta de gran apoio. Nos tempos de vídeos e pdf ás veces é complicado atopar un referente fiable. O fondo bibliográfico da EMAO conta co material axeitado para a construción deste referente e ímolo demostrar. Pepe Pereira, mestre da especialidade de Artesanía en coiro da EMAO desde o ano 2009, recomendaranos a bibliografía máis adecuada para esta especialidade. Entrada libre ata completar aforo. Toda a información AQUÍ.

No Teatro Ensalle (r/Chile,15) , este viernes 27, sábado 28 y domingo 29 a las 20:00h. ‘El hombre de la maleta’. Se trata de una obra de teatro que cuenta la vida de las personas del pacífico colombiano, y el impedimento de soñar libremente debido a las condiciones de violencia de esta región. Entradas: pinchando AQUÍ.

Auditorio Municipal (Praza do Rei-Concello) ás 20:00h. ‘A rir a Vigo’, Monólogos de Agustín Jiménez, Álex Salaberri, Bianca Kóvacs, dentro da programación de ‘Vigo Cultura’ .Pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de “aquí” e de “alí”. Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados
de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a
empezar a despuntar no mundo da comedia.

As entradas soltas (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes) e os abonos abonos poderán adquirirse:

  • A través da páxina web de Giglon: www.giglon.com
  • Na Librería Libros para soñar (Rúa Triunfo 1, baixo, Vigo), en horario de luns a venres de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.
  • O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

TUI

O clásico de Prokofiev “Pedro e o lobo” chega este venres, ás 19.30 h, ao Teatro Municipal de Tui da man de Fantoches Baj. A compañía nesta nova posta en escena combina o relato do narrador, coa representación das accións que se describen ou evocan na música.

TOMIÑO

Continúa a programación cultural de outono do Concello de Tomiño e neste caso a cita corre a cargo de Miriam C. Leirós, que ofrecerá unha charla – coloquio sobre o seu libro “Los secretos de los cuentos clásicos. Archivos desclasificados”.Ás 20:00 h no Mercado. A entrada é libre e de balde.

También te puede interesar