O cadro de persoal de Madera Fiber (antiga Faurecia Interior Porriño) mobilizouse este en Vigo diante do Cluster de Automoción y Movilidad de Galicia (Ceaga). Ao berro de “Xunta implicación, Faurecia solución”, sairon, de novo, á rúa en defensa dos seus postos de traballo.
É necesario o compromiso do Goberno galego
Asi, os representantes do plantel insisten na necesidade de que o Goberno galego se comprometa na busca dunha solución que permita a continuidade do proxecto industrial e o mantemento de 103 empregos. “E esa solución pasa por atopar un inversor serio que reflote a compañía e porque os traballadores volvamos pertencer a Faurecia”.
Rematou o prazo
Mais o prazo solicitado pola Xunta recentemente ao cadro de persoal para lograr sentar a Faurecia expirou onte. E iso “sen que saibamos nada das xestións feitas nestes sentido”. A propia conselleira de Industria e a directora xeral do IGAPE comprometéranse co Comité nunha xuntanza celebrada días atrás a contactar coa empresa “a cambio de non levar a cabo a concentración que tiñamos prevista diante do Parlamento de Galicia o venres pasado”.
Novas mobilizacións
Por iso, á vista da continuarán as mobilizacións. Asi, están previstas para o martes 31 diante de Faurecia Escapes (de 13:00 a 14:30 horas); e o venres 3 de novembro na Cidade da Xustiza de Vigo (de 08:00 a 12:00 horas), coincidindo coa celebración do xuízo pola cesión ilegal de traballadores de Faurecia a Madera Fiber.