Destacados Vigo al minuto

Dobre alerta laranxa: por vento e por temporal na costa

Tamén choverá

Dobre alerta laranxa este mércores, día 1: por vento e por temporal na costa

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento, que será especialmente intenso nas provincias da Coruña e de Lugo, ademais de afectar a zona de montaña de Ourense e tamén o interior de Pontevedra, onde se agardan refachos que irán en aumento co paso das horas ata alcanzar os 100 km/h. No resto da Comunidade o vento tamén será protagonista, aínda que algo máis moderado.

Tamén na costa

Ademais, advirte dun episodio adverso costeiro de nivel laranxa, que traerá ondas de 5 a 6 metros a todo o litoral. Na mesma liña, MeteoGalicia informa dun temporal no mar na segunda metade do día, con ventos moi fortes e moito mar. Refachos superiores aos 100 km/h en moitas comarcas do litoral e zonas altas do interior.

Previsión día de defuntos

Como adiantara vidoalminuto, a partir do mediodía de este 1 de nvembro, irase achegando unha profunda borrasca que deixará chuvias máis intensas cara á noite. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas apenas terán cambios, con 20 graos en Ourense; 18 na Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo- con 16 de mínima-; 17 en Lugo e 16 en Santiago.

También te puede interesar