Deportes Vigo al minuto

Galicia no podio dos World Combat Games

Os e as representantes galegas acadaron medalla en cada actuación

Galicia no podio dos World Combat Games

Excelentes novas desde Riyadh (Arabia Saudí) para o taekwondo galego. As nosas e os nosos representantes volven a casa con medalla por actuación. O primeiro galardón foi para a parella de freestyle. Manu Paz e Bárbara Di Martino acadaron o bronce na final de parellas.

Os nosos competidores fixeron un programa espectacular, cheo de saltos imposibles e cun ritmo incrible. Así, lograron o bronce, sendo a única parella europea que logrou subir ao podio.

Ese mesmo día, houbo as semifinais individuais e Manu Paz e Celia García lograron o pase á final coa terceira mellor puntuación. Así, as previsións eran boas e tanto Manu como Celia non fixeron senón mellorar o xa visto. Na final renderon a un nivel excepcional. “As finais as bordaron, sendo os únicos europeos no podio, e este campionato está sendo unha magnífica proba para o Europeo de técnica”, explicounos a directora de técnica da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez.

Estas medallas teñen moito mérito, xa que esta competición reúne ás e os mellores competidores do mundo e so se pode acudir por invitación da Federación Mundial. Desta forma, os nosos taekwondistas representaron a España grazas aos resultados acadados o pasado ano no  Mundial de Corea.

También te puede interesar