Cultura Vigo al minuto

A Deputación pecha os castelos, polo temporal

Sobroso e Soutomaior xa sufriron os efectos do vento

A Deputación pecha os castelos, polo temporal

A Deputación de Pontevedra pechou os castelos de Soutomaior e Sobroso pola alerta amarela derivada do ciclón bomba “Ciarán”. Está previsto que os castelos permanezan pechados ao longo desta xornada por precaución debido a que o fenómeno meteorolóxico extremo ten xa ocasionado caídas de ramas de árbores de ámbolos dous recintos.

Este xoves estaba previsto que o castelo de Soutomaior acollese unha visita de 35 alumnos do IES de Rodeira de Cangas, que foi xa cancelada por mor do vento e da chuvia. O venres recibirá a outro grupo de 36 escolares do CPR Labor de Vigo que, en principio, se mantén e valorará en función da evolución do tempo.

Tanto o Castelo de Soutomaior como o de Sobroso teñen abertas as súas portas ao público entre o martes e o domingo. En Soutomaior as visitas teñen lugar entre as 10:00 e as 19:00 horas e en Sobroso entre as 10:00 e as 13:00 e as 15:00 e 18:00 horas.

También te puede interesar