A prestixiosa editorial de guías de viaxe, Lonely Planet, acaba de facer pública a súa décimo novena selección anual Best in Travel, na que figura o Camiño Portugués a Santiago coma un dos cinco destinos sostibles que recomenda.
Asi, Lonely Planet identifica as 50 principais cidades, países, rexións, destinos sostibles e con mellor relación calidade-prezo do mundo para visitar o próximo ano. Nesta relación dos Best in Travel 2024 figura o Camiño Portugués que ven definido nos seguintes termos:
“Máis que un roteiro de peregrinación, o Camiño Portugués (Caminho Português de Santiago) é unha viaxe panorámica a través de Portugal e España a pé ou en bicicleta. Iglesias románicas, ríos e pobos antigos recibiranche ao longo do carreiro de 620 km que une Lisboa con Santiago de Compostela. Pase a noite en albergues de propiedade local, cee en restaurantes tradicionais e percorra pequenos pobos que tiveron dificultades cando os seus residentes emigraron en masa ás grandes cidades. Reduce a velocidade e goza da paisaxe cambiante mentres te fas amigo doutros viaxeiros ao longo do camiño”.
Para Ana María Núñez, concelleira de Turismo de Tui, a inclusión do Camiño Portugués nos Best in Travel 2024 supón un recoñecemento ás potencialidades desta ruta de peregrinación, que ten a súa porta de entrada en Galicia polo concello tudense.