Lucía Rodríguez foi a gran protagonista desta fin de semana, a xogadora galega logrou dobre medalla no Hungarian International Championship de badminton. Na modalidade de dobres femeninos, Paula e Lucía arrasaron coas suas rivais levándose a victoria sen ceder nin un solo set en todo o torneo, demostrando o gran nivel de forma no que se atopan. Lucía Rodríguez lograba o pase a final xunto ao seu compañeiro Rubén García pero non poideron coa parella danesa que levaría o triunfo pola mínima 21-18 no terceiro set.
Jacobo Fernández, Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla
Pola súa banda, o xogador do CB Cíes, Jacobo Fernández quedou as portas de entrar no medalleiro xunto a Paula López nun encontro de infarto que se decidiría 24-26 na terceira manga. Mentres que, en dobres masculinos xunto a Daniel Franco, caerían na ronda de semifinais pechando un gran torneo.
POr último, Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla do CB As Pontes, caeron na fase de clasificación do torneo fronte a unha parella asiática, nun partido moi complicado. Por último, Nikol Carulla quedaría moi preto de meterse no cadro final de individual feminino pero caería en ronda previa por 21-18 no terceiro set.