Destacados Vigo al minuto

As traballadoras das escolas infantís volverán á folga este mércores, día 8

En Vigo, a manifestación sairá ás 12:00 horas do MARCO

As traballadoras das escolas infantís volverán á folga este mércores, día 8

As traballadoras das escolas infantís privadas e de xestión indirecta, etapa 0-3, volverán á folga este mércores, día 8, “en resposta á teima patronal de bloquear a negociación do convenio”. Asi mesmo, rexeitan a última proposta “miserenta e involutiva” presentada polo empresariado na reunión do pasado xoves.

Por debaixo do Salario Mínimo

CIG-Ensino fai un chamamento á unidade sindical, como única vía para gañar canto antes este novo pulso das patronais. “Isto ten que facer reaccionar con moita máis forza e enfado o sector, cuxas táboas, conxeladas dende 2021, xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional e cuxos dereitos laborais e sociais están tan só ao nivel do Estatuto das Persoas Traballadoras“, subliñan. Lembran que este convenio é un dos máis precarios dos todos os convenios existentes a día de hoxe no ámbito da ensinanza.

Na última mesa de negociación, a número 11, a CIG-Ensino rexeitou enerxicamente a proposta patronal por “insuficiente, inxusta e inxustificada. A central denuncia que a mesma pretendía seguir mantendo a precariedade salarial e “afondar na involución de dereitos sociais e laborais do persoal traballador”. E todo “despois do esforzo que fixeron na pandemia, que non se recoñece, así como tampouco se recoñece a súa constante formación, responsabilidade e profesionalidade”.

Manifestacións

Como nas dúas  primeiras xornadas de folga (convocada por CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP), o persoal mobilizarase, de novo, Vigo e A Coruña, sumándose desta volta tamén Santiago. En Vigo, a manifestación sairá ás 12:00 horas de diante do MARCO e o persoal irá até a Porta do Sol.

Nova xornada de folga o día 15

O 15 de novembro está convocada a cuarta xornada de folga e para ese día haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela, que sairá da Alameda, pasará pola sede da CEG e rematará na Praza de Praterías.

También te puede interesar