Galicia Vigo al minuto

Unha persoa morta e dúas feridas na colisión dun coche contra un camión

En Viveiro

Unha persoa morta e dúas feridas na colisión dun coche contra un camión

Unha muller perdeu a vida e outras dúas persoas resultaron feridas nun accidente rexistrado a pasada medianoite, na estrada LU-539, no concello de Viveiro.

Un turismo que circulaba porla ‘Variante de Viveiro’, saíuse da calzada e bateu contra un camión que estaba aparcado. O golpe causou a morte da ocupante do asento do copiloto, unha rapaza de 23 anos, e deixou ferido graves ao condutor, que foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), e ao ocupante do asento traseiro, evacuado ao hospital de Burela.

También te puede interesar