Galicia Vigo al minuto

Cesan a 1.000 traballadores do servizo de incendios forestais

Piden á Xunta que deixe de tratalos como “persoal de usar e tirar”

Extinguido el fuego que quemó por completo las gabarras de cuatro camiones, en Redondela

A Asociación de Traballadores/as de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA), vén de alertar que o día 2 de novembro case 1.000 traballadores dixos discontinuos temporais de 6 meses do Servizo de Prevención e Defensa contra os incendios forestais (SPIF), “como sucede ano tras ano tras rematar o perigo”, foron suspendidos da praza que ocupan, e “enviados ás listas do paro por parte dos seus responsables”.

Así, o poñen de manifesto nun comunicado dirixido ao conselleiro de Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, e ó Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez.

Non hai prevención

No mesmo rexeitan que se leve a cabo traballo algún de prevención, “moito menos prescindindo de gran parte do dispositivo” e acusan a os dous representantes públicos de que estes 1.000 empregados públicos, se vexan na obriga de ter que buscarse a vida noutro lado o resto do ano.

“Cobrando subsidios ou prestacións, os que teñen sorte, a ter que depender de familiares, ou a non ter ingreso de ningún tipo os demais. Porque si, xa llo aclaramos, sobre todo ó señor José González, que lle gusta comentar entre risas dicindo que se antes vivíamos con 3 meses,  podemos vivir perfectamente con 6 meses. Nótase que vostede na súa vida estivo nesta situación cando se permite falar desa maneira. !Non, señor José González!, Nin con 3 meses se vivía, nin tampouco se vive con seis”.

Non se organizan ben os recursos

Asi mesmo, lémbranlle ao conselleiro e ao director xeral que “hai sitio para todos, e tan só hai que saber organizar ben os recursos dos que se dispón”. Neste eido subliñan que, aínda que nestes momentos levemos un mes de borrascas e choiva, o ano pasado en pleno xaneiro arderon máis de mil hectáreas en Baleira e que o pasado mes de outubro, cando houbo tres semanas de calor, Galicia “comezou a arder en varios puntos”, sendo a zona máis afectada a Mariña Lucense, con 3.000 hectáreas arrasadas.

Á vista deste feitos engaden que, ainda que para os responsábeis da Consellería é “un tema tabú”, a verdade é que a desestacionalización dos incendios, xa é unha realidade.

Prevención

Por todo iso, insisten en que o traballo do Servizo de Incendios, non só está para apagar lumes: tamén abrangue a prevención -“que apenas se fai”-, e tarefas relacionadas coas emerxencias rurais.  

Á vista destes feitos, dende ATRIFOGA piden, un ano máis, que “os traballadores de 6 meses deixen de ser usados coma persoal de usar e tirar” e que se faga unha “aposta clara e escrita”, dende a Xunta por profesionalizar o servizo, “e se conte con nós para traballar todo o ano”.

También te puede interesar