A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Vigo e á empresa promotora do Barrio do Cura do levantamento das cautelas arqueolóxicas neste ámbito urbanístico.
Asi, o departamento autonómico responde ao documento achegado pola arqueóloga-directora que levou a cabo as dúas últimas fases das sondaxes para o proxecto denominado “Urbanización da Área de Reparto AR I-01 da Modificación Puntual do PXOM de Vigo para a reordenación do Barrio do Cura”.
Non se documentaron restos
Segundo recolle a resolución de Patrimonio, dáse por rematada a intervención de control e sondaxes arqueolóxicas previas, despois de que non se documentaran restos in situ de materiais arqueolóxicos inmobles de épocas anteriores á idade contemporánea.
O informe levanta as cautelas arqueolóxicas para a reordenación deste ámbito e marca condicionantes. Desta forma, obriga a que os resultados preliminares desta actuación “deberán terse en conta nas intervencións futuras que se proxecten” e deberán executarse baixo control arqueolóxico.