Comarcas Vigo al minuto

101 anos asi de ben levados

Os de Bienvenida Lorenzo, a veciña máis lonxeva do Porriño

101 anos asi de ben levados

Cumprir anos sempre é motivo de celebración, pero aínda o é máis se son máis de 100 e ben cumpridos. É o caso de Bienvenida Lorenzo, a veciña máis lonxeva do Porriño, que xunto co alcalde e a súa familia soprou as velas do seu 101 aniversario.

Naceu en 1922

Bienvenida naceu o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos. Aquel ano deixou de existir o imperio otomano; descubriuse a tumba de Turtankamon; crease a República de Irlanda; Japón pon en servizo o primeiro portavións da historia, o Hosho e é o ano da fundación da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS).

Aos 18 anos, Bienvenida trasladouse a Porriño onde seguiu vivindo, ata hoxe xunto, ao antigo campo da feira. Aquí formou a súa familia xunto ao seu marido, os seus catro fillos, catro netos e oito bisnetos.

Excelente saúde

Pese aos achaques propios da súa idade Bienvenida está perfecta de saúde e goza dunha lucidez e un sentido do humor encomiable.

“É unha honra ter a oportunidade, un ano máis, de escoitar a Bienvenida, trasmitirlle o meu cariño e empaparme tamén do seu”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo, quen quedou en volver o ano que vén para celebrar os 102. Parabéns Bienvenida!

También te puede interesar