‘No todo el pescado está vendido’ está de volta, coa nova edición do Mercado de Nadal 2023, na Praza de Abastos, do Calvario. Un Mercado que volve a estar marcado, pola carga artística dos expositores, onde se poden ver a súas obras, nos bancais das peixeiras. As disciplinas que destacan ese día son: pintura, ilustración, textil, xoieria ou serigrafia.
Máis de 60 expositores
Dende o vindeiro día 3 de decembro, en horario de 11:00 a 20:00h, este mercado acollera a mais de 60 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas gañas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 200 propostas.
Nesta edición hai unha novidade: ábrese o 1º Andar do Mercado, cun espazo adicado o Mercado Textil, e A cantina, da man de, Pasito a Pasito e Outro Conto.
Artistas
Deste xeito, ofrécese unha oportunidade inmellorabel para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e adquirir obras únicas, inclusive agasallos de Nadal. O Mercado de Nadal é un evento, onde se respira carga artística dentro e fora do Mercado, xa que e un día cheo de arte por todo o barrio do Calvario xa que, ademais, habera diferentes actuacións, como títeres ou concertos.