Galicia Vigo al minuto

Máis de 161 concellos izan a bandeira galega en conmemoración dos 105 anos da I Asemblea Nacionalista

Se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918

Máis de 161 concellos izan a bandeira galega en conmemoración dos 105 anos da I Asemblea Nacionalista

Durante esta semana,  a bandeira galega exhibiuse en varandas e fiestra de todo pais. Está acción enmarcase na campaña que Vía Galega vén desenvolvendo para divulgar e propagar os nosos símbolos nacionais, o himno e a bandeira.

I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala

Elixiron esta semana, do 13 ao 18 de novembro, para conmemorar a efeméride da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala que se celebrou en Lugo o 17 e 18 de novembro de  1918. Cúmprense, por tanto, 105 anos  daquela  I Asemblea Nacionalista. 

Por iso, hoxe, 18 de novembro, realizaron actos expansivos en diferentes localidades de toda Galiza. “Temos a confirmación  de que 165 localidades izaron a bandeira e,  xunto co izado, 51 localidades realizaran un acto, no que se recitaron  poemas relativos a nosa bandeira, houbo actuacións musicais  e leuse o manifesto referido  a xénese e significado dos nosos símbolos; á relevancia do manifesto nacionalista das Irmandades da Fala e ao dereito a exercer e existir como galegos e galegas”.

Entre estas localidades  están   Compostela, A Coruña, Vigo , Pontevedra, Lugo, Ourense, Ferrol, Teo, Ribeira, Outes, Pobra, Muros, Mazaricos, Arzúa, Fene, San Sadurniño, Cedeira, A Guarda, Melide, Foz, Moaña, Pobra de Brollón, Samos, Salceda, Tui,  Rianxo, Oroso, Taboada  Brión, Redondela,  Melide , Arzúa, Corcubión, Narón, Pontedeume ou Soutomaior.

Para  moitos destes actos  contouse co apio dos concellos, no que ten que ver  coa localización, a autorización e o apoio loxístico para colocar a bandeira para que siga ondeando no futuro. “Temos, tamén, o compromiso doutros concellos que, por diferentes motivos, hoxe, non lle foi posíbel, mais que teñen  o compromiso  de colocala no futuro”.

También te puede interesar