Augas de Galicia, vén de eliminar un vertido de augas residuais ao río Samieira, na parroquia de Cabral. Asi, esta achega irregular detectouse durante as tarefas rutineiras de inspección que o persoal do Programa de Control de vertidos, que se leva a cabo no ámbito territorial do concello de Vigo, no marco da campaña de inspeccións ás redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Contaminación microbiolóxica
Os técnicos constataron que a través dunha saída de augas pluviais na avenida da Ponte se emitía un caudal de auga turbia e procederon á súa mostraxe para avaliar a carga contaminante do vertido. Os resultados das analíticas corroboraron a presenza de contaminación microbiolóxica na auga. De inmediato, esta situación foi notificada ao Concello para que se adoptase as medidas necesarias para evitar o vertido irregular.
Finalmente, nunha nova inspección á zona, Augas de Galicia verificou o cese do vertido e da contaminación, tras resolverse as conexións irregulares que había nesta zona.