Deportes Vigo al minuto

O ‘Baltasar Pujales’ xa está dispoñible para a práctica deportiva

Logo da reparación dos danos causados polo temporal

O 'Baltasar Pujales' xa está dispoñible para a práctica deportiva

O campo de fútbol municipal ‘Baltasar Pujales’, onde xogan as diferentes categorías do Rápido de Bouzas, xa se atopa dispoñible para a práctica deportiva.

Tras os danos provocados polo temporal na bancada, e unha revisión dos mesmos, o pasado venres o Concello comezou a súa reparación, tras contratala “pola vía de emerxencia”, por valor de 21.000€, logrando “nun tempo récord” a súa posta en marcha, como indicou o alcalde.

Abel Caballero apunta que “inmediatamente dende o Concello se acometeron os traballos de reposición”, tras os desperfectos provocados polo temporal.

También te puede interesar