Comarcas Vigo al minuto

Nava Castro logra o compromiso do IDAE de desbloquear preto de 3 millóns, pendentes para Ponteareas

Por obras executadas entre 2019 e 2022

Nava Castro logra o compromiso do IDAE de desbloquear preto de 3 millóns, pendentes para Ponteareas

Nava Castro, alcaldesa de Ponteareas, trasladouse a Madrid para reunirse coa Secretaría Xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), organismo adscrito ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, e solicitar o desbloqueo de preto de 3 millóns de euros que este organismo lle adebeda ás arcas municipais.

O obxectivo do encontro foi solicitar o aboamento destes fondos á maior brevidade posible tendo en conta que se trata de «Fondos Europeos retidos por este organismo» e que se corresponde a obras executadas entre os anos 2019 e 2020 principalmente aínda que tamén algunha de menor contía entre 2021 e 2022.

Eficiencia enerxética

De feito a maior parte destes fondos, arredor dun 75% se corresponde co cambio do alumeado das vías públicas a LED, para garantir un menor gasto e eficiencia enerxética e cumprir así cos obxectivos de aforro enerxético e transición a enerxías máis limpas e respectuosas co medio ambiente. 

Compromiso

A alcaldesa de Ponteareas, a primeira que se achega a Madrid para reclamar estes fondos desde o 2019, volveu da capital co compromiso por parte da Secretaría Xeral do IDAE de axilizar ao máximo posible a tramitación da chegada destes fondos ás arcas municipais, desbloqueando a paralización actual.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.