Deportes Vigo al minuto

O xoves saen á venda as entradas para o partido da Selección Española Feminina de Fútbol en Pontevedra

O partido será o 1 de decembro fronte a Italia

O xoves saen á venda as entradas para o partido da Selección Española Feminina de Fútbol en Pontevedra

A Selección Española Feminina de Fútbol que dirixe Montse Tomé regresa a Galicia, concretamente a Pontevedra, e faino cun encontro oficial fronte a Italia, valedoira para o grupo D da UEFA Women’s Nations League que se xogará o vindeiro 1 de decembro no Estadio Municipal de Pasarón.

Dende as 12:00h.

A Federación adiantou que as entradas para este encontro sairán á venda o xoves 23 de novembro, con prezos que oscilan entre os 10 e os 15 euros.

Asi, a única canle de venda das entradas será a web oficial tickets.rfef.es, que estará accesible ao público para a
compra de billetes para este partido a partir das 12:00 horas do xoves. As localidades de Tribuna terán un prezo de 15 euros; as de Preferencia se fixarán en 12 euros e, no caso de ambos fondos, as entradas custarán 10 euros.

Persoas con diversidade funcional

Ademais, poranse á venda entradas para persoas con diversidade funcional (en cadeira de rodas. Estas localidades PMR (para persoas con mobilidade reducida) terán un prezo de 15 euros en Tribuna e 12 euros en Preferencia, incluíndo neste caso unha localidade para a persoas acompañante. Ditas entradas deberán solicitarse previamente a través da mencionada web tickets.rfef.es.

Deputación

A Deputación de Pontevedra colabora con este encontro, que converterá a Pasarón, de novo, en escenario dunha competición deportiva internacional de gran importancia. Neste sentido, a administración provincial apoiará
economicamente esta cita ante a selección italiana cun patrocinio de 200.000 euros.

También te puede interesar