Comarcas

Convocados os premios “Síntente Covelo”

Recoñecen a traxectoria de veciñas e veciños e a súa contribución á vila

Convocados os premios “Síntente Covelo”

Un ano máis o Concello de Covelo quere recoñecer a traxectoria da súa veciñanza e ultima xa unha nova edición dos premios “Síntete Covelo”. A 9ª edición ten aberto o prazo para as candidaturas, ata o vindeiro 1 de decembro ás 14:00h.

Candiaturas

Calquera persoa poderá presentar candidaturas. Estas terán que estar relacionadas coa contribución á creación, ás artes, á ciencia ou humanidades, ao deporte, ao medio ambiente e á conservación do noso entorno e paisaxe local.

As candidaturas teranse que presentar mandando un informe de méritos ao correo electrónico [email protected] ou ben por correo ordinario ou presencialmente nas oficinas do Concello.

Contido

Deberán incorporar o seu curriculum ou memoria do seu percorrido e traxectoria, notas de prensa, entrevistas na radio ou televisión, vídeos, etc., que deberán aportar nun sobre onde se indiquen os datos da persoa, empresa, asociación ou club que se propón para o “IX Galardóns Síntete Covelo”.

O xurado, composto por tres concelleiras e concelleiros de todos os grupos da Corporación, entregará o premio o sábado día 23 de decembro ás 18:30 horas no auditorio municipal.

También te puede interesar