O sindicato CUT convoca o vindeiro sábado, día 25, ás 12:00h. unha manifestación, que sairá da Praza das España, para esixir aos directitos da planta de Stellantis Vigo que asinen “un convenio digno, sen chantaxes, e que o Grupo devolva as persoas traballadoras e a sociedade parte do beneficio xerado”.
Un 37% máis de beneficio
Este beneficio, segundo a central sindical foi, no primeiro semestre deste ano, un 37% que no mesmo prazo de tempo durante 2022. Asi, aseguran os sus representantes, “mentres os directivos e accionistas suben proporcionalmente as súas retribucións, piden contención salarial ao resto das persoas traballadoras”.
Incremento de salario por baixo do IPC
Actualmente, subliñan, a Dirección da planta viguesa plantea, na negociación do Convenio Colectivo, medidas de “contención salarial e un aumento da flexibilidade laboral“. Ademais, “a súa proposta económica non garante o [incremento dos prezos] IPC e, polo tanto, o poder adquisitivo, aumentando aínda máis o empobrecemento da plantilla, fomentando a discriminación entre colectivos”.
Flexibilidade laboral
A estas propostas, engaden dende a CUT, súmase a ampliación de flexibilidade laboral ate as 48horas /semanais de traballo, “así como poder prolongar na mesma xornada 1 hora cando pete [á Dirección], afectando non solo ao persoal propio de empresa, senón tamén as sub-contratas que traballan no centro”.
Axudas públicas
Todo isto, lembrando que “a pesares dos beneficios, seguen pedindo axudas públicas, sendo quizais unha das empresas máis subvencionadas”.
Por todo isto, para os responsábeis da CUT “é o momento que as persoas traballadoras, así como a sociedade en xeral
de Vigo e bisbarra poñamos freo a tanto abuso: é o momento de unir voces”