Galicia

Un morto e 51 feridos en accidentes de tráfico a fin de semana, en Galicia

O domingo foi o día con máis sinistros: 18

Catro mortos e 48 feridos en accidentes de tráfico en Galicia, a pasada fin de semana

O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 52 persoas debido a 43 accidentes de tráfico, ocorridos nas estradas galegas, desde as 3 da tarde do venres, 24 de novembro, ata as 12 menos un minuto da noite do domingo, 26 de novembro. Este último foi o día que rexistrou máis sinistros, con 18 accidentes de tráfico.

Asi, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 43. Neste eido, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 5 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 37 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria nun accidente.

En 43 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar