Destacados Vigo al minuto

Piden ao alcalde que convoque hoxe a directivos e traballadores de Vitrasa

Terceiro día de folga indefinida no transporte urbano de Vigo

Piden ao alcalde que convoque hoxe a directivos e traballadores de Vitrasa

Chegado o terceiro día de folga indefinida no transporte urbano de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego vén de pedir o alcalde que convoque hoxe, de maneira “inmediata e urxente” unha reunión coa Dirección e co Comité de Empresa. A mesma terá que servir para “desbloquear de verdade” o conflito.

Asi, o BNG esixe que o Concello, que é o titular deste servizo, deixe de ser un “convidado de pedra”, logo da “tomadura de pelo” da mediación do pasado venres na quea empresa non presentou ningunha proposta”.

Máis de dous anos

É por isto que os nacionalistas piden, nunha solicitude formal, a Abel Caballero que chame ás partes para avanzar cara a unha solución. Neste sentido, Xabier P. Igrexas lembra que o luns, durante unha protesta no Pleno municipal, a tenente de alcalde, Carmela Silva, afirmou que o Goberno municipal “tomaba nota” das demandas do persoal. “É hora de que o Concello de Vigo dea un golpe na mesa diante da actitude pirata e irresponsábel da empresa”.

https://twitter.com/Vigoalminuto/status/1729440500422189287
Responsabilidade de Caballero

Dende o BNG insisten na “responsabilidade do Goberno de Caballero nun conflito que afecta a un servizo de titularidade municipal e cun carácter esencial na mobilidade da cidade”. De feito, hai uns días, o propio alcalde declarou que ‘ultimaba’ a compensación económica a Vitrasa para rematar coa folga.

De aí que o voceiro do Bloque insista en que as numerosas xornadas de paros parciais e folga, dende agosto de 2021, e os evidentes prexuízos para a veciñanza, están motivados polos “reiterados e graves incumprimentos” da concesionaria. Estos abranguen, explica, tanto das obrigas recollidas no prego da concesión, como co seu propio persoal.

“Rehenes de BNG y CIG”

A resposta á solicitude do Bloque no de demorou: o portavoz municipal, Carlos López Font, que hai semanas acusara aos los traballadores de Vitrasa de “hacer una huelga contra la gente de Vigo”, hoxe asegura que son “rehenes” do BNG e do sindicato CIG.

López Font, insiste en que o obxectivo dos dous é “reventar la ciudad e engade que “es intolerable que [los respresentantes de la plantilla] no quiseran ni empezar a negociar”.

También te puede interesar