Vitrasa alerta de que, este martes pasado, varios autobuses da compañía “sufriron diversos ataques”. Non houbo que lamentar danos persoais pero dende a concesionaria insisten en que “este tipo de actuacións poñen en risco ás persoas viaxeiras, aos compañeiros e compañeiras que realizan o servizo e a calquera persoa que circule pola vía”.
Estos foron os buses afectados
- Ás 05.45 horas o que facía a liña 6, na rúa Clara Campoamor, sufriu o ataque dun obxecto que provocou a rotura da fiestra lateral. Non levaba viaxeiros a bordo.
- Uns minutos máis tarde, ás 05.53 horas, o bus que facía a liña 4A na rúa Cantabria, foi interceptado por varias pedras que impactaron contra a chapa do autobús. Levaba viaxeiros a bordo.
- Ás 06.15 horas, o bus que facía a liña C3 na Avenida de Galicia 146, detectou unha picada na roda dianteira. Había viaxeiros a bordo.
- Quince minutos despois, ás 06.30 horas, o bus que cubría a liña 15B en Xestoso preto do tanatorio Vigo Memorial sufriu unha picada na roda traseira. Non había viaxeiros a bordo.
- Ás 06.35 horas, o bus que facía a liña 11, á altura da Grileira, unha moto aproximouse frontalmente ao autobús e tiraron varios obxectos ao chan diante das rodas bloqueando o autobús.
- Cinco minutos máis tarde, ás 06.40h, o bus que cubría a liña 27 a la altura da Rabadeira, sufriu o impacto dun obxecto contra a fiestra lateral rompéndoa. Había viaxeiros a bordo.
- Ás 07.10 horas, un bus da liña C3, na Avenida de Galicia 103 con viaxeiros a bordo, sufriu unha picada nunha roda dianteira.
- E ás 07.20 horas, un bus da liña 5B, a la altura de Pi Margall sufriu unha picada nunha roda dianteira. Había pasaxeiros a bordo.
- Ademais, o vehículo particular dun traballador tamén foi atacado. Picaron as catro rodas do seu coche estando aparcado na rúa preto da súa vivenda. Dispoñíase a collelo ás 04.30 horas da madrugada para desprazarse ata o seu posto de traballo.
Dende Vitrasa reiteran as súas desculpas a “garantimos a prestación dos servizos mínimos que atenden a todos os barrios da cidade”. Podes consultar os mesmos en www.vitrasa.es, nas nosas redes sociais Facebook / Twitter / Instagram actualizados en tempo real nas app de mobilidade, así como nos teléfonos de atención ao viaxeiro 986 29 16 00 / 986 20 74 74.