Cultura

Vigo: Afundación inaugura o Nadal coa exposición do 58 concurso de beléns

Ás 5 da tarde

Vigo: Afundación inaugura o Nadal coa exposición do 58 concurso de beléns

Dende este venres 1 de decembro poderase gozar na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo da mostra de todos os beléns que se presentaron á 58 edición do Concurso de beléns. Ata o 21 de decembro estará aberta de 17.00 a 20.30 h; a partir do día 22, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.30 h. O 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro, pechado. E os días 24 e 31 de decembro, e o 5 de xaneiro, pechado en horario de tarde.

Gañadores

O Concurso de beléns de Afundación é un ‘clásico’ do Nadal. Asi, este ano, na categoría xeral, as gañadoras resultaron José María Sánchez e Cris Macías; o segundo recaiu en María Luisa Rodríguez Balo; e o terceiro, en Genaro Alonso Martínez.

Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio á Asociación Aboal; o segundo, ao belén presentado por Obradoiro Fósil, e finalmente, o terceiro premio ao CPR San José de Cluny.

Os accésits distinguiron ao Obradoiro Martín Códax, Afaga Alzheimer, Andrea Barbeito Rebolo, Asociación ASPANAEX, Sonia Caribia Torres, Miguel Ángel Sousa Fernández y CPR Menela.

Unha das mellores edicións

O xurado salientou o «complicado das deliberacións para outorgar os premios, dado o altísimo nivel dos traballos presentados, podendo afirmar que estamos diante dunha das mellores edicións en canto a calidade dos beléns. A factura coa que se abordaron estes traballos, os materiais, a creatividade, o colorido e a cantidade de traballo que
hai detrás de moitos dos beléns que concorren nesta edición fixeron especialmente difícil o labor do xurado
».

Todos os traballos presentados se abordan dun xeito creativo que segue a sorprender edición tras edición, na elección dos encadres, nos materiais, na inspiración e no esforzo que se aprecia nos beléns presentados.

También te puede interesar