Comarcas

Veciños de Goián esixen a apertura do consultorio médico, pechado dende a pandemia

Denuncian que o conselleiro de Sanidade non cumpriu co seu compromiso

Veciños de Goián esixen a apertura do consultorio médico, pechado dende a pandemia

A Plataforma pola Sanidade Pública de Tomiño convocou esta fin de semana unha nova marcha polas rúas da vila, para rematar diante do Consultorio médico, que a día de hoxe  segue pechado.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo o pasado 8 de novembro, no Parlamento de Galicia, que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) reabriría o Consultorio de Goián, cun médico e enfermeira especialista en Atención Familiar Comunitaria. Igualmente dixo que se poría en marcha unha iniciativa piloto onde a Saúde Comunitaria  cobraría unha especial relevancia. 

Mentira “descarada”         

Dende a Plataforma denuncian que estamos cansos de que se nos minta dunha maneira tan descarada e que se estea a pagar un aluguer por un consultorio que segue pechado a cal e canto.  Esta situación, “tan penosa e deporable” para os usuarios do Consultorio de Goián, repercute negativamente no Centro de Saúde de Tomiño, “que esta sufrindo a falta de médicos dende outubro”. Situación que tamén denuncia a Plataforma, porque nestes momentos só hai 3 médicos dunha plantilla de 8.

Sen médicos de cabeceira

A situación é caótica porque non hai médicos de cabeceira que fagan seguimiento dos pacientes, e conseguir citas presenciais é case misión imposible, “todo isto na época con maior incidencia de enfermedades respiratorias”.
   

También te puede interesar