Comarcas

A Deputación de Pontevedra aproba axudas para sete Centros Especiais de Emprego

Entre eles o o Grupo SIFU Galicia SL de Vigo, con 38 traballadores

A Deputación de Pontevedra aproba axudas para sete Centros Especiais de Emprego

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar destinar 52.500 euros a sete Centros Especiais de Emprego da provincia durante o 2023. Estes recursos, distribuídos en réxime de concorrencia competitiva, permitirán financiar custos de persoal das unidades de apoio á actividade destes centros que traballan desde A Guarda, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Beneficiados

En concreto, son beneficiarias destas axudas entidades como a Fundación para a Discapacidade e Emprego Juan XXIII e a Asociación de Discapacitados Intelectuais Virgen de la O de Pontevedra que contan con 63 traballadores; LUME Emprego para Persoas con Discapacidade Intelectual de O Porriño, con 41 persoas traballadoras; o Grupo SIFU Galicia SL de Vigo con 38 traballadores; BATA Servicios Integrales a la Comundiad Sociedad Limitada de Vilagarcía, con 25; San Jerónimo Emiliani SL da Guarda que conta con 17 persoas traballandos e Juan María Empleo SL de Nigrán con 11.

Promoción e acceso laboral a persoas con discapacidade

Asi, con estas axudas a Deputación de Pontevedra pretende contribuír á promoción e acceso das persoas con discapacidade ao emprego ordinario e na adopción de medidas favorecedoras da súa autonomía e inclusión. Ademais, as subvencións van en liña co impulso de entidades de Economía Social centradas na inclusión de colectivos vulnerables que cobren demandas sociais non satisfeitas polo mercado. De feito, os Centros Especiais de Emprego beneficiarios son elementos básicos integradores das persoas con discapacidade, que cumpren unha finalidade social e aseguran un emprego remunerado.

También te puede interesar