Galicia

Tivemos o outono máis cálido e máis húmido da historia

A temperatura media foi de 16,4 graos, cunha anomalía de 1,9º

Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da historia

Galicia rexistrou o outono máis cálido e máis húmido da serie histórica, segundo o avance do informe climatolóxicoelaborado por MeteoGalicia.

Asi, este período caracterizouse por temperaturas elevadas ao longo dos tres meses, pero de forma destacada en outubro, que, de feito, foi extremadamente cálido; mentres que tanto setembro como outubro foron moi cálidos. Neste tempo, a temperatura media, obtida a partir dos datos rexistrados en 11 estacións meteorolóxicas representativas, foi de 16,4 grados, cunha anomalía de 1,9 graos.

Temperaturas

Máis polo miúdo, a temperatura mínima tivo unha desviación respecto ao valor climatolóxico de 2,4 graos e, no caso da temperatura máxima, a anomalía media foi de 1,4 graos.

Na observación, os valores máis altos, comprendidos entre 17,4 e 17,8 graos, rexistráronse no Miño de Ourense e de Pontevedra, nas Rías Baixas e nos arredores do Golfo Ártabro. Pola contra, as temperaturas máis baixas, en torno aos 10 graos, rexistráronse nas Serras do Eixe e de Queixa, macizo de Manzaneda e en Pena Trevinca.

Precipitacións

No que atinxe ás precipitacións, foi un outono extremadamente húmido logo de rexistrarse, nas dezaseis estacións que compoñen a serie rexional, unha media acumulada de 797 l/m 2 , o que representa un 93% máis do establecido no período de referencia.

Isto debeuse principalmente ás chuvias xeneralizadas e persistentes dos meses de outubro -o segundo máis húmido de toda a serie histórica, logo do de 1987– e novembro nos que as precipitacións estiveron moi por riba dos valores climáticos agardados. Nesa liña, cómpre indicar que o mes de setembro se caracterizou por ser húmido e os dous restantes foron moi húmidos.

As serras litorais e setentrionais e as zonas montañosas de Lugo e Ourense rexistraron os valores máis altos de precipitacións, entre 1.350 e 1.600 l/m 2 , mentres que os máis baixos, entre 350 e 500 l/m 2 , corresponden ao litoral da Mariña e aos vales dos ríos Casaio e Támega.

También te puede interesar