Galicia

Publicada a oferta de emprego público do SERGAS con máis de 1.200 prazas

168 de persoal licenciado; 958 de diplomado sanitario e FP e 81 de xestión e servizos

Publicada a oferta de emprego público do SERGAS con máis de 1.200 prazas

O Diario Oficial de Galicia, na súa edición de hoxe, publica o Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público (OPE) 2023 do Servizo Galego de Saúde que contará con 1.207 prazas, distribuídas en 168 prazas de persoal licenciado sanitario; 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos.

Medicina de Familia, Urxencias e hospitalización a domicilio

En concreto, a oferta de 168 prazas de persoal médico na categoría de licenciado sanitario comprende 121 de medicina de familia, 35 de urxencias hospitalarias e 12 de hospitalización a domicilio. As 958 prazas de diplomatura sanitaria e de formación profesional divídense en 818 de enfermaría, 121 de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 11 de técnico superior en dietética e 8 de anatomía patolóxica e citoloxía.

Por último, das 81 prazas da categoría de xestión e servizos, 37 correspóndense a persoal de traballo social; 33 de auxiliar de función administrativa, 5 de xestión da función administrativa, 2 do grupo técnico da función administrativa e 4 de técnico superior en prevención de riscos laborais. 

Persoas con discapacidade

En canto á inclusión das persoas con discapacidade na Administración pública, a OPE do Sergas de 2023 conta con 61 prazas reservadas a persoas con discapacidade xeral. Ademais, como novidade, o decreto da oferta de emprego público contempla a concentración da reserva de prazas de discapacidade intelectual no grupo auxiliar da función administrativa e, polo tanto, as 33 prazas ofertadas estarán reservadas para as persoas con este tipo de discapacidade.

También te puede interesar