Galicia

As persoas maiores contarán en 2024 cun complemento de 1.200€ ao Bono Coidado Residencia

E unha axuda de 5.000€ anuais a través do Bono Coidado Fogar

As persoas maiores contarán en 2024 cun complemento de 1.200€ ao Bono Coidado Residencia

A conselleira de Política Social e Xuventude visitou esta semana os usuarios da residencia municipal de Boimorto. No encontro, Fabiola García lembrou que a Xunta impulsará o vindeiro ano un complemento universal de 1.200 euros ao ano ao Bono Coidado en Residencia. A intención e que o mesmo chegue a 10.000 galegos.

Maiores coidados nas súas casas

Co obxectivo de que os maiores reciban a atención especializada que necesitan preto das súas contornas habituais, ademais deste complemento universal tamén se poñerá á disposición das persoas que están coidadas nas súas propias casas unha axuda de 5.000 euros ao ano a través do Bono Coidado no Fogar.


También te puede interesar