Cultura

O “II Encontro de Rondallas en Beade” pasa ao domingo, día 17 de decembro

Tamén se celebrará o “Festival de Nadal de corais”

O “II Encontro de Rondallas en Beade” pasa ao domingo 17 de decembro

A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de fixar nova data para o “II Encontro de Rondallas en Beade” tras verse adiado por mor da climatoloxía.

As veciñas e veciños poderán gozar dunha tarde musical que achegará en primeiro lugar a música tradicional rondalleira e, a continuación, dos vilancicos interpretados por diversas corais da nosa cidade.

“II Encontro de Rondallas”

Comenzando polo “II Encontro de Rondallas en Beade”, o evento está organizado pola A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en colaboración da Irmandade de Festas de Santa Ana, quedando programado para o domingo 17 de decembro a partir das 16:15h. cando as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla de Peña Freixo) realizarán un pasacalle pola parroquia con percorridos próximos ao Torreiro de Festas de Santa Ana, espazo onde terá lugar o acto central ás 17:00h. e no que as 3 rondallas participantes amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.

Festival de corais

Ao remate do “II Encontro de Rondallas en Beade”, o enfoque cultural estará no Auditorio do C.S.C.R. de Beade, que acolle o “Festival de corais”. Dando comezo ás 19:00h. e con entrada libre, a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica da S.C.D. “Atlántida” de Matamá e a Coral Polifónica María Auxiliadora serán quen de deleitar aos espectadores cun repertorio baseado principalmente en música de Nadal.

También te puede interesar