Galicia

Desaloxan aos representantes sindicais que se pecharan na Consellería de Educación

O conselleiro negouse a fixar unha reunión con eles

Desaloxan aos representantes sindicais que se pecharan na Consellería de Educación

A CIG-Ensino, sindicato maioritario neste sector, segue coas “accións reivindicativas, até conseguir que o conselleiro atenda as demandas que expresou o profesorado galego”. Os profesores e profesoras participaron xa en dúas convocatorias de folga no mesmo trimestre, “asistiron masivamente a tres manifestacións”, e realizaron accións de protesta desde máis de 330 centros educativos.

Recuperar dereitos

“Non imos consentir que se siga desprezando así o colectivo docente, debémonos a quen nos votou hai un ano cun programa electoral que mantemos firmemente na súa esencia, que é a de recuperar os dereitos que nos recortaron”, sinalan dende CIG-Ensino.

Asi, manteñen, perderon eses dereitos en materia de horario e retribucións e queren avanzar en cuestións como a baixada de ratios e a eliminación da burocracia. “Porén, amosamos a nosa vontade negociadora a dilatar en dous anos a recuperación das 18 e 21 horas lectivas que vimos recortadas hai 12 e 14 anos respectivamente e a que a aplicación da redución das ratios en todas as etapas educativas teña como duración o máximo tempo de cada unha delas”.

Unha consellería “pechada no seu búnker”

Os representantes dos profesores subliñan que están cedendo nas súa pretensións iniciais, “pero o que nos atopamos é a unha Consellaría pechada no seu búnker e ao seu titular que non ten en conta a representación do 60% do profesorado”.

Por iso, hoxe “aquí viñemos recordarlle que o profesorado non se vende nin se rende e que continuaremos con estas e outras accións até conseguir avances”, declarou Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, no momento en que a Policía procedeu á identificación e ao desaloxo das 11 representantes sindicais, “por orde dos cargos políticos de Educación”.

Pedindo unha reunión con Román Rodríguez, dende hai más dun mes

As tres organizacións lembran que levan desde o 2 de novembro apelando ao titular de Educación a que reciba aos sindicatos maioritarios, “e rectifique o acordo asinado cunha minoría”. A última vez que se dirixiron a el foi mediante un escrito que lle foi remitido o pasado 4 de decembro e, “coma hoxe, lle seguiu o silencio por resposta”

También te puede interesar