Comarcas

Carrero, informa da devolución dos 3.781€ que cobrou indebidamente da Deputación

O PSOE pide responsabilidades políticas

Carrero, informa da devolución dos 3.781€ que cobrou indebidamente da Deputación

O deputado provincial e alcalde da Guarda, o popular Roberto Álvarez Carrero, vén de informar da devolución á Deputación de Pontevedra dos 3.781,69€ que cobrara indebidamente do organismo provincial. Carrero pide disculpas “por un erro persoal manifesto” e, engade, “tamén administrativo”.

“Non tiña dereito” a cobrar esa cantidade por asistencia a Plenos da Deputación-dado que conta cunha adicación do 79% pola que percibe una retribución de 4.000€ brutos ao mes- correspondentes aos meses de setembro, outubro e novembro, aínda que insiste en que foi un erro do que tres servizos do organismo provincial non se decataron ata esta mesma semana.

Carrero subliña que “non houbo mala fe ou ocultación” e pon a disposición dos deputados e deputados da oposición o informe no que se detalla a secuencia dos feitos.

Denuncia del PSOE

A situación deste cobro indebido coñeceuse logo de que Partido Socialista pedise explicacións sobre este feito, denunciando que o alcalde da Guarda percibira esa cantidade en “retribucións irregulares”. Dende o PSOE demandan a asunción de responsabilidades políticas, “e xa estudiaremos se tamén xudiciais”, tanto por parte de Carrero, como polo deputado responsable de Persoal, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

También te puede interesar