Como informou vigoalminuto, hai uns días comezaron os traballos de corta que dan inicio ás obras da primeira fase da Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia, a construción do polígono 1. A mesma, abrangue a edificación dunhas 38 vivendas dun total de 1.600 previstas na ampliación.
Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), manifestan o seu rexeitamento a un proxecto urbanístico que “vai destruír de forma definitiva o pouco que quedaba dun dos poucos anacos de bosque atlántico dentro da zona urbana da cidade de Vigo”
Por iso, convocan este xoves, ás 16:00h. diante do Centro de Saúde do PAU de Navia, unha concentración, “á que convidamos a asistir á toda a veciñanza”.