Desde este venres, 22 de decembro, e ata o 30 de decembro, o Concello ofrece actividades gratuítas e sen necesidade de inscribirse previamente en catro espazos : o MARCO (Salón de actos); a oficina municipal de distrito de Bouzas; a oficina municipal de distrito de Teis e a Sala de exposicións do Verbum.
Nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de mañá e de tarde
En horario de mañá e de tarde, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, haberá manualidades creativas; xogos educativos e accións de convivencia e igualdade coas que se promoven valores de igualdade e se favorece a resolución pacífica de conflitos de forma lúdica e participativa.