Un recente estudo realizado pola Coordinadora en Defensa de la Bicicleta (ConBici) co apoio da campaña europea Clean Cities revela que a calidade do aire en 16 cidades españolas non cumpre coas recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS). Este estudio fundaméntase en dous anos de meticulosa medición da calidade do aire, demostrando a necesidade de abordar este problema crucial de forma efectiva.
A grande novidade que este proxecto aporta é que as medicións son realizadas circulando en bicicleta polo que contrasta coas tradicionais estacións fixas de calidade do aire, obtendo así datos dunha gran cantidade de puntos das cidades.
Medidas na cidade
Ata o 31 de outubro de 2023, as persoas voluntarias de ConBici equipadas con medidores portátiles, dedicaron un total de 3.969 horas a este proxecto, pedaleando e medindo a calidade do aire nos seus desprazamentos habituais pola cidade nun total de 5.458 percorridos. Estes datos ofrecen una visión única e detallada da situación da calidade do aire ao rexistrar datos precisos en tempo real.
Os resultados son impactantes: recolléronse un total de 9.484.951 medidas de partículas PM2.5, con unha media xeral de 9,2 µg/m³, uns niveles que superan a recomendación de 5,0 µg/m³ establecida pola OMS para a calidade do aire. Tamén destacan as notables variacións ao longo do día, con unha concentración máis alta de partículas entre as 7 e as 9 da maña.
Vigo
No caso de Vigo, onde as medicións foron realizadas por voluntarios de Verdegaia, o valor medio da concentración de PM2.5 foi de 7,2 μg/m3 e os datos obtidos identifican dous tipos de zonas especialmente afectadas pola contaminación atmosférica:
– rúas con elevado tráfico motorizado como Gran Vía ou o treito da Avenida Castrelos diante do Parque de Castrelos; rúas estreitas con edificios altos como Torrecedeira ou algunhas zonas do Calvario.
O informe de ConBici tamén ofrece recomendacións para abordar a problemática da calidade do aire en entornos urbanos: proporcionar información transparente sobre a calidade do aire á cidadanía; priorizar o uso de medios de transporte sostibles, fomentando a mobilidade activa e colectiva; garantir a seguranza das persoas que utilizan a bicicleta como medio de transporte; continuar medindo a Calidade do Aire e contrastando a súa evolución.