Nova cara para a contorna de Balaídos. O Goberno Local deu luz verde á adxudicación das obras de humanización da rúa Val Miñor na zona de confluencia con Fragoso e a grada de Tribuna, na contorna do Estadio Municipal de Balaídos.
En total, o Concello investirá 1.831.856 euros para a transformación da zona nunha área peonil, e contribuirá a cooperar na solución do problema das inundacións. Así mesmo, entre as melloras aprobadas atópase a instalación dunha nova rede de rega, así como iluminación led, mobiliario urbano, ademais de marquesina na parada do autobús e un photocall co nome do Estadio.
O pasado 2 de febreiro, o Goberno municipal xa aanunciara a aprobación do proxecto desta obra e fixará que o prazo para a súa execución sería de 6 meses, dende o comezo dos traballos.