Galicia

Licitada a construción de dous edificios con 59 vivendas de promoción pública,en Navia

Un deles con 41 pisos e o outro con 18

Licitada a construción de dous edificios con 59 vivendas de promoción pública,en Navia

A Xunta publica hoxe a licitación das obras de construción de dous edificios para un total de 59 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia. Os contratos a concurso, que figuran na plataforma de contratos de Galicia, suman un orzamento base de licitación de algo máis de 11,5 millóns de euros IVE incluído.

Primerio edificio: 41 vivendas

Asi, o primeiro dos contratos, destinado a levantar un conxunto edificatorio para 41 vivendas, 74 prazas de garaxe e 41 rochos, correspóndese coa parcela M-IVA-8 e dispón dun orzamento de licitación de algo máis de 7,8 millóns de euros.

O inmoble contará con dúas plantas de soto -para garaxes; rochos e locais de instalacións e servizos-; unha planta baixa -con catro portais; locais de instalacións e servizos e o acceso dos vehículos aos sotos-; tres plantas altas e o ático, os catro niveis nos que se repartirán as vivendas.

En canto ao reparto das vivendas, o edificio incluirá 20 de dous dormitorios -algunhas delas con terraza-; outras 20 con tres dormitorios -das que parte delas tamén terán terraza- e unha vivenda de catro dormitorios. Entre as 20 de tres dormitorios, haberá dúas especialmente adaptadas para persoas con mobilidade reducida.

Segundo inmoble: 18 pisos

Polo que se refire á segunda das licitacións, ten como obxecto construír un inmoble de nova planta para dedicalo a 18 vivendas repartidas en tres bloques, cun orzamento de licitación de algo máis de 3,6 millóns de euros. O edificio consta dunha planta de soto, planta baixa e dous andares máis. No soto estarán os garaxes, rochos e locais de instalacións e servizos; na planta baixa, haberá tres vivendas de dous dormitorios e, nos dous andares superiores, nove vivendas de tres dormitorios e seis de catro dormitorios.

También te puede interesar