Comarcas

O Pleno da Deputación aproba as bases do ‘plan +Provincia’, dotado con 48,2 millóns

Ten en conta a perda de poboación e o avellentamento dos concellos

O Pleno da Deputación aproba as bases do 'plan +Provincia', dotado con 48,2 millóns

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres, na derradeira sesión plenaria do ano 2023, as bases reguladoras do plan +Provincia, o plan de obras e servizos da institución provincial para o ano 2024 que conta cunha dotación orzamentaria de 48,2 millóns de euros.

Plan +Provincia

Asi, o Plan +Provincia, achegará ao longo do próximo ano 48,2 millóns de euros aos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes. Como explicou o voceiro do goberno provincial, Jorge Cubela, o programa conta con catro liñas de finciamento.

A primeira delas, dotada con 33,74 millóns e vai destinada a investimentos; unha segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para activación do emprego e a cuarta está dotada con 1,2 millóns para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

Reto demográfico

Como explicou Cubela, entre os aspectos novidosos que presenta este plan destaca a incorporación, entre os criterios de repartode fondos entre os concellos, do reto demográfico. Un aspecto que terá en conta os concellos que máis
poboación perderon nos últimos dez anos (2013-2022)
e os que maior índice de avellentamento presentan segundo a relación entre a poboación maior de 64 e a menor de 20 anos. Así mesmo, as bases amplían a autonomía dos gobernos locais ao permitirlles recorrer ata un 30 % —e con carácter excepcional e só no 2024 a ata un 50%— do crédito de investimento para atender gasto corrente como amortización de débedas de exercicios pasados, financiamento de servizos municipais ou a sufragar obras non consideradas de investimento.

A estrada de Coruxo a Canido pasa ao Concello de Vigo

O pleno serviu tamén para dar luz verde a prórroga dos convenios entre o goberno provincial e o Concello de Pontevedra para a reforma do viario da Praza de Barcelos e da iluminación do centro urbano, así como da modificación dos proxectos enmarcados no plan ReacPon dos concellos de Bueu, Crecente, Mos, Silleda e Tomiño; ademais do cambio de titularidade en favor do Concello de Vigo da estrada provincal EP-2003 entre Coruxo e Canido.

ReacPon

Do mesmo xeito, o pleno aprobou por unanimidade a modificación dos proxectos enmarcados no programa provincial ReacPon relacionados coa reforma e ampliación da biblioteca municipal de Bueu; a humanización da Praza Ana Pastor de Crecente; reforma integral da biblioteca e dos xulgados de Mos; execución da fase I da nova casa consistorial de Silleda e o proxecto Espazo Isaura Gómez de Tomiño.

También te puede interesar